ESCRITOS RECIBIDOS:
- Comunícanse: 19 adscricións temporais, 16 prorrogas e 22 superiores categorías.
- Escrito recibido de Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, dunha traballadora solicitando que non se penalice a renuncia de contratos que sexan inferiores a xornada completa e se modifique o decreto de listas 37/2006
- Escrito recibido de Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais, dunha traballadora solicitando que a toma de posesión das opes do 2019 sexan en destino provisional, mentres non se convoque o concurso de traslados
ESCRITOS ENVIADOS :
- Solicitouse a non penalización dos integrantes das listas de contratación do decreto 37/2006, que estean en illamento ou enfermos pola Covid 19 .
- Solicitouse ao Consello Galego de Relacións Laborais para que intermedie coa Dirección Xeral da Función Pública esixíndolles a apertura dunha mesa de negociación co Comité Intercentros e se lles obrigue a facilitar toda a información requirida a través dos diferentes escritos que se remiten.
- Presentouse denuncia ante a Dirección Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia por infracción de normas contra a Dirección Xeral da Función Pública,
- Solicitouse abrir Mesa de Negociación e chegar a un acordo de xubilación parcial para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
- Solicitouse se proceda a convocatoria para a toma de posesión dos diferentes grupos e categorías o máis axiña posible e se nos faga chegar, con anterioridade, un buzón de postos, vacantes para ofertar as tomas de posesión o mesmo tempo se xunte unha data probable de ditas tomas de posesión
- Solicitase a Función Pública se convoque, a Comisión Paritaria do VCCU, para que se pronuncie sobre o dereito do Comité Intercentros a recibir información e a emitir informe, con carácter previo, á publicación das bases e das convocatorias dos procesos de funcionarización
- Solicitase a Función Pública, un cronograma indicando o lugar e a previsión de das datas dos procesos selectivos.
- Solicitase a Función Pública se abone a carreira profesional, dende o primeiro dia do ano 2019, a todo o persoal laboral, independentemente do seu vínculo contractual, e que cumpra os requisitos de formación e antigüidade
- Solicitase unha xuntanza coa Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural
BUZÓN DE POSTOS
Ao non coñecer o criterio utilizado por Función Pública e considerando que pode caerse en arbitrariedade no buzón de postos achegado para a elección de destino das categorías de Camareiro/a Limpador/a (V-001) e Técnico/a Auxiliar de Enfermería (IV-003 ), acordase remitir escrito a Función Pública solicitando: