Reunión comité de seguridade e saúde laboral da Consellería do Mar (10/12/2020)


PREVISIÓNS DE REALIZACIÓN DE AVALIACIÓN DE RISCOS:

  • Aula de Formación Pesqueira de Cariño.

Está incluída na previsión de realización de avaliación de riscos do Servizo de Prevención de Riscos para o ano 2021, segundo informa o Servizo de Prevención.

  • IGAFA.

Está incluída na previsión de realización de avaliación de riscos do Servizo de Prevención de Riscos para o ano 2021, segundo informa o Servizo de Prevención.

  • Oficina da Casa do Mar A Coruña.

Hai dúbidas acerca do encadre desta oficina porque desde Prevención din que está incluída nas avaliacións da Consellería de Política Social e desde a Xefatura Territorial da Coruña comenta a xefa que o edificio da Casa do Mar é onde está ubicada a Xefatura e todo iso pertencería á Consellería do Mar. O Servizo de Prevención di que só faltaría o Plan de acción e que a avaliación en si xa está lista. De todos modos iría na previsión do ano 2021 e faltaría por ver desde Prevención se vai con Política Social ou con Mar. Irán informando.

  • Análise de riscos dos postos de traballo de biólogos.

Están incluídos na previsión de realización de avaliación de riscos do Servizo de Prevención de Riscos para o ano 2021, segundo informa o Servizo de Prevención. Solicítase que se inclúan tamén os mostradores, os analistas de laboratorio ou os que fan traballo de campo como poden ser os capataces de praia tanto das Xefaturas Territoriais como do INTECMAR, o IGAFA ou o CIMA. O Servizo de Prevención vai intentar incluír tamén a eses traballadores.

RECOÑECEMENTOS MÉDICOS.

  • Persoal da Xefatura Comarcal de Ribeira.

Hai persoal desa Xefatura pendente de realizar o recoñecemento médico desde hai dous anos, logo de telo solicitado. O Servizo de Prevención informa que todo o persoal que o solicitou, os que non o solicitaron terán que solicitalo vai facer o recoñecemento e que desde a Mutua (Cualtis) vanse poñer en contacto con eles para facelo en vindeiras datas. Non entende como estiveron dous anos sen facerlles o recoñecemento. Afirma que vai preguntar o motivo.

  • IGAFA.

Como xa se comentou anteriormente, está incluída na previsión de realización de avaliación de riscos do Servizo de Prevención de Riscos para o ano 2021, segundo informa o Servizo de Prevención, tanto o análise de radón nas instalacións do IGAFA como o análise de riscos dos postos de patróns de embarcacións.

  • Profesores-mergulladores e oficial-mergullador IGAFA.

En canto á proposta do IGAFA de incorporar para os profesores-mergulladores e oficial-mergulladoras probas de saúde anuais para ver si son aptos ou non para a súa actividade, contéstase desde o Servizo de Prevención que por parte de Cualtis non existen médicos habilitados para efectuar eses recoñecementos específicos a ese colectivo. Desde o Comité ou desde a Consellería (non quedou claro quen) vaise presentar unha queixa formal no Servizo de Prevención de Riscos Laborais pedindo que Cualtis solucione o problema.

REVISIÓN DO DOCUMENTO DE AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS DOS MOSTRADORES.

Desde o Servizo de Prevención comentan que o problema que hai é a execución do plan de acción e as medidas correctoras que pasarían porque a Consellería incorporara unha persoa máis á realización do traballo de mostrador, de xeito que fosen en parella, dúas persoas facer as mostraxes nas embarcacións de baixura.

Desde as Organizacións Sindicais indícase que se non é posible que vaian dúas persoas, que vaia unha persoa pero con máis medios, insistindo en que se lles debe proporcionar un lugar para cambiarse, un vehículo da Consellería para acudir ao traballo no porto correspondente.

O xefe territorial de Lugo propón que sexan as confrarías de pescadores os que cedan algún local para que os mostradores se podan cambiar de roupa e afirma que en Lugo xa se lles facilita coche para o seu desprazamento.

Vaise estudar o tema por parte da Consellería sen concretar nin o aumento de persoal nin se é posible facilitarlle máis medios técnicos.

VARIOS.

  • A xefa territorial da Coruña solicita máscaras para todo o persoal da súa xefatura. Afirma a Vicesecretaria que se vai proceder a entregar máscaras a todo o persoal da Xunta de Galicia segundo informan desde Vicepresidencia pero non concreta prazos de entrega.

Pregúntaselles se as máscaras só van ser para o persoal de atención ao público ou para todos e contesta a Vicesecretaria que cree que van ser para todo o persoal, independentemente do posto que ocupe.

Recórdase que Inspección de Traballo obriga á Xunta a facilitar ao seu persoal ditas máscaras e pregunta como se actúa na Consellería cando hai un positivo. Se hai un protocolo definido ou cada unidade actúa dun xeito diferente.

Desde o Servizo de Prevención indican que cando se dirixen a eles sempre recomendan que llo comuniquen a Sanidade pero admite que cada unidade actúa dun xeito autónomo, é dicir, unhas unidades actúan dun xeito diferente a outras, non hai uniformidade.

A xefa territorial de Vigo afirma que existen unhas instrucións ao respecto na Consellería pero que son moi xenéricas e que o que din concretamente é que se comuniquen os casos a Sanidade e despois xa se encargan eles do resto, seguimento, análise de contactos, etc.

  • Director do CIMA, comenta que hai uns meses que levan co persoal de limpeza de baixa no centro e que non se cubre a dita baixa por parte da Consellería e incide en que en tempos de COVID a limpeza é fundamental e máis tendo en conta que eles recibe persoal que provén de zonas de risco como Boiro, Ribeira e demais.

Desde a Consellería infórmase que se deu traslado a Función Pública da petición de cobertura do posto pero non o autorizaron de momento, afirmando que o seguirán intentando, solicitándoo a Función Pública.

  • Proponse a celebración dunha reunión extraordinaria do Comité exclusivamente para revisar todas as avaliacións de riscos pendentes polo tema do COVID e dado que non se puido atender nas reunións telemáticas por terse tratado máis temas.

Tanto a Consellería como o Servizo de Prevención están de acordo e vaise estudar unha data para levar a cabo esa reunión extraordinaria.

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.