Sectores

Reunión Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Consellería de Política Social


 

–       Previsión de realización de enquisas de valoración de riscos psicosociais  en setembro nos centros de Avelino Montero, EVO Coruña e Residencia Asistida de Maiores de Oleiros neste caso a enquisa de valoración será de revisión para valorar as medidas implantadas dende a última enquisa realizada.

–       Estrés térmico  que se esta a sufrir nos centros:  das escolas infantís de Santa Susana, Rosalía de Castro e Residencia Asistida de Oleiros. Queda pendente o servizo de prevención de valorar

En canto o problema das altas temperaturas na lavandería de Oleiros dende UGT deixamos constancia que é un problema denunciado por esta organización en varias ocasións, e que estaba pendente de instalar un sistema de ventilación apropiado. Dende a xefatura territorial confirman que xa está aprobado un orzamento para a instalación do equipo correspondente

–       Incremento de agresións por residentes nos centros dende o servizo de prevención recoñecen que é un problema de difícil solución e que se están a realizar cursos de formación, entre eles de defensa persoal.

Dende UGT insistimos que este é un problema moi importante que xorde do cambio de criterio de admisión de residentes. Xa se manifestou en reiteradas ocasións que os nosos centros non están preparados para recibir determinadas patoloxías psiquiátricas que precisan dunha atención psiquiátrica especifica, como pautas inxectables en casos de axitación ou non toma de medicación…Deixamos constancia que os cursos de defensa persoal non son medidas preventivas

–       Máscaras FFP2: seguen co mesmo criterio de uso en caso de atención a persoas infectadas ou sospeitosas de padecer covid. Infórmannos dende o servizo de prevención que en breve saíra unha nova instrución que regulará que as persoas con contacto estreito cun caso covid positivo coa pauta de vacinación completa ou persoas que padeceran o covid nos últimos 180 días continuarán traballando usando máscara FFP2

–       Retirada de produtos de limpeza non aptos nos centros do Consorciotratado xa na anterior reunión. A administración informa que solicitaron aos concellos a xestión e retirada pero non houbo  resposta e agora están xestionando a súa retirada por unha empresa especializada en xestión de residuos.

–       Recoñecemento xinecolóxico das revisións médicas do persoal do Consorcio:  trasladase que houbo problemas en centros nos que non se ofertou a revisión xinecolóxica as traballadoras, a maiores dos problemas que esta a haber na zona de Santiago onde a demora da cita de revisión xinecolóxica é moi elevada.

Dende a mutuas son coñecedores de que esta habendo algunha incidencia e intentaran solucionalo.

–       Tras incidencias en casos de accidentes laborais  onde as persoas traballadoras non saben a onde acudir, acórdase realizar protocolos a seguir nestes supostos incluíndo  aquel no que non haxa responsable no momento do accidente.

–       Compensación por cribados e traslado de mostras  xa solicitado na anterior reunión, en principio non teñen previsto ningún tipo de compensación pero tratarán o tema

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.