Sectores

Reunión da Comisión de Persoal

SUBA DO 0,5% NA NÓMINA DO MES DE NOVEMBRO:

Como estaba anunciado, a DXFP trae a Comisión de persoal a suba do 0,5% con atrasos dende xaneiro, consecuencia do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI asinado por UGT, a aplicar na nómina de novembro, con efectos retroactivo e consolidable dende xaneiro.

O Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, asinado por UGT, recolle para todos e todas as empregadas e empregados públicos de todas as administracións e organismos públicos, no ano 2023 tres subidas salariais: unha suba fixa do 2,5% xa aplicada, máis dúas subas variables do 0,5% cada unha. A primeira aplícase xa na nómina de novembro, e  a segunda cobrarase a principios de 2024 se o PIB en 2023 alcanza o 2,1%.

Subas salariais “aseguradas” grazas á responsabilidade que UGT Servizos Públicos cando avalou  coa súa sinatura este Acordo, cumprindo coa defensa da recuperación de salarios, dereitos e emprego, con medidas concretas que como esta permiten incrementar os salarios e amortecer as perdas de poder adquisitivo cando máis se necesita.

Nun contexto de sucesivas crises os salarios do persoal empregado público increméntanse e amortécese a perda de poder adquisitivo, algo que non sucederá en crises anteriores nas que se conxelaron ou minoraron retribucións, e mostra a diferencia entre os que sinalan os demais e nada aportaron e se apuntan os primeiros a beneficiarse dos “males apocalípticos”, o que é proba irrefutable de que avanzamos en salarios e dereitos.

No ano 2022 o incremento do Acordo estatal sumado co Acordo galego de restitución da carreira (dereito cercenado por un gravísimo erro sindical sen antecedentes) supuxo un incremento do 6,66%, e no ano 2023 acumulamos xa un 4,5% , o que totaliza un 11,16% de incremento.

Pendentes de subir outro 0,5% das retribucións de 2023 a principios de 2024 tamén retroactivo e consolidable) o que nos situaría no 11,66%, dimos continuidade os incrementos salariais do Acordo estatal 2018-2020 e o Acordo galego 2019-2021. Seguiremos traballando para seguir avanzando en salarios, dereitos e emprego.

DECRETO DE OPE:

  • Votos en contra CIG e CSIF
  • Votos a favor CCOO e UGT

Argumentación do voto de UGT: Amosándonos contrarios á taxa de reposición, aceptamos a exposición realizada sobre a mesma na Mesa Xeral previa á Comisión de Persoal, onde se deron explicacións sobre o número de prazas correspondentes, e sendo conscientes de que se trata de taxa imposta pola Lei de Orzamentos do Estado, que impide un número maior ao 110 e 120%, en función de colectivos prioritarios ou non. Pese a iso prodúcese un incremento de prazas de promoción interna que chega ao 75%, entre a ligada á libre e a separada. Así mesmo a promoción interna horizontal, fruto da negociación de UGT, permite a funcionarización do persoal laboral fixo posterior ao EBEP, e por último o anuncio realizado hoxe sobre os criterios da quenda de promoción interna vai a permitir a negociación da súa reformulación.

Atendemos tamén ás explicacións realizadas sobre a oferta de prazas das escalas de bombeiros forestais, nas que quedan pendentes de oferta un número concreto das mesmas.

Por último ofértanse as prazas restantes de funcionarización, tamén produto do Acordo de concertación asinado por UGT.

PROMOCIÓN INTERNA HORIZONTAL DE PERSOAL LABORAL FIXO  A1,A2, C1 E AP

  • Votos a favor CIG, CCOO, CSIF e UGT

Argumentación do voto de UGT: as propostas presentadas veñen a resolver unha demanda do sindicato de habilitar dita promoción do persoal laboral fixo que non poido optar a funcionarización, nas condicións equivalentes e aplicables a dito proceso.

VARIOS:

  • Aplicación do Acordo de dereitos sindicais asinado por CIG, CCOO, CSIF e UGT e traer en vindeiras reunións a constitución de mesas sectoriais de Sergas, Ensino e Xustiza, e incluír nos dereitos sindicais de bolsa o persoal da LOFAXGA art. 45 a).
  • Buzóns de postos para elección de destino:
    • Traballo social: buzón remitirá vacantes puras sen ocupar, 15 vacantes creadas na última RPT, 6 comisións de servizo de niveis 18 ou 20, 6 de centros sociocomunitarios de concurso específico de naos 2022 e 2023, 3 e 2 de comisión de servizos de ditos centros, e cesan 20 persoas interinas posteriores a 2017.
    • Persoal Bombeiro Forestal e Enxeñerías: remitiranse neste mes de novembro.
    • Proceso de gardacostas case rematado e pendente de remitir tamén o buzón
  • Decreto de persoal investigador: prevén remitir o último borrador cos cambios derivados das alegacións para a súa negociación nas próximas semanas
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.