O acordo asinado por UGT permite o paso a 2ª actividade do persoal ligado directamente a extinción de incendios que cumpra os 60 anos de idade ao longo do ano 2025. Na actualidade aplicase unicamente ao persoal laboral. UGT solicitou que este acordo, negociado cando os BBFF eran persoal laboral, sexa de aplicación a todo o persoal (laboral e funcionario) tal como fomenta e recolle a Lei 5/2024 de 8 de novembro Básica de BBFF.
Da totalidade de solicitudes presentadas 16, son admitidas 13, 8 de persoal laboral en praza de funcionario e 5 de persoal fixo descontinuo de 8 meses. Das 3 solicitudes rexeitadas, 2 son por estar en IPT e outra por ser persoal funcionario.
PROVINCIA | SOLICITUDES | ACEPTADAS | DENEGADAS |
A Coruña | 6 | 5 | 1 |
Lugo | 3 | 3 | 0 |
Ourense | 5 | 3 | 2 |
Pontevedra | 2 | 2 | 0 |
Totais: | 16 | 13 | 3 |