Sectores

Reunión Comisión de Seguimento da Segunda Actividade SPIF

Hoxe tivo lugar a reunión da Comisión de seguimento e interpretación e control do Acordo para aplicar a segunda actividade do SPCIF.

A Consellería remitiu o borrador de convocatoria que inclúe a relación de prazas de persoal laboral vacantes e non vinculadas á extinción de incendios, como ven sendo habitual, tanto as da Consellería como as de AGACAL, todas as que hai dentro do ámbito de Medio Rural.

Ao igual que en anteriores convocatorias, o persoal que poida acceder ten que cumprir os requisitos da praza, posto que, segundo se nos comenta, atópanse con solicitantes de prazas de Oficial agrario, primeira e segunda, nos que existe o problema por carecer da titulación.

UGT solicitou información ao respecto da emenda que estaba incluída na Lei de acompañamento dos orzamentos deste ano, que incluía a posibilidade de que o persoal funcionarizado solicitase a segunda actividade. Requirimos saber o motivo polo que non está no documento final tratado no Parlamento.

UGT insta a súa incorporación e negociación, en atención ao mantemento da medida que como persoal se viña aplicando e que en atención ao Acordo de concertación debe continuar como persoal funcionario.

Responde a Dirección Xeral da Función Pública informando que o Acordo de concertación asinado coas OOSS contemplaba que na funcionarización se mantiñan as condicións de traballo e demais, do persoal que se funcionarizara, co cal engadiuse na Lei de acompañamento unha proposta para traer ao persoal funcionario a segunda actividade tal cal está agora mesmo para o persoal laboral bombeiro forestal. Consideran que esta medida non supón un incremento orzamentario porque si foran todos laborais terían dereito á segunda actividade.

A dita emenda, por razóns non de Función Pública, desapareceu da Lei de acompañamento e o Director xa comentou que no mes de xaneiro iniciarase unha negociación para o persoal funcionario bombeiro que seguramente abranguera a máis persoal.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.