Hoxe tivo lugar a reunión da Comisión de seguimento entre UGT e CCOO coa Consellería do Medio Rural e a Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal, ao obxecto de realizar o seguimento das solicitudes dos traballadores do SPIF que solicitaron o paso a segunda actividade que se fará efectiva o vindeiro 1 de xullo de 2024.
Hai un total de 25 solicitudes, das cales renuncian dous traballadores, 21 son laborais fixos que solicitan funcións ou posto segundo se reflicte no acordo e 2 son de persoal funcionario, das que un solicita posto e o outro funcións.
En canto a adxudicación de paso a segunda actividade do persoal funcionario a Dirección Xeral do Emprego Público e Administración de Persoal e Conselleria do Medio Rural quedaron en analizar a viabilidade da aplicación do acordo de segunda actividade a este persoal.
Desde CCOO e UGT, defendemos que tanto o Acordo de concertación do emprego público como o proceso de funcionarización do persoal do SPIF, manteñen en todo caso a continuidade das condición laborais anteriores, e en tanto non se negocien outras diferentes a non aplicación da segunda actividade vulneraría estes acordos.
A Administración manifestou que daría unha resposta proximamente.