Con data 29 de decembro de 2021 aprobáronse os Orzamentos Xerais para o ano 2022. Estes Orzamentos continúan a senda iniciada en 2021 de aumento no investimento educativo. Con todo, a nivel laboral, cando a inflación aumentou para chegar ao 6’5% en decembro de 2021, a subida das retribucións docentes de tan só un 2% parécenos insuficiente para poder recuperar un poder adquisitivo xa moi lastrado polas políticas restritivas realizadas polo Partido Popular, cuxo exemplo máis significativo foi a Real Decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.
Desde o Sindicato de Ensino de UGT Servizos Públicos, tomando como punto de partida o estudo publicado polo noso sindicato, Retribucións Docentes de Ensino Público 2020-21, actualizamos os datos en referencia ás retribucións docentes para o exercicio orzamentario 2022. Accede ó boletín no documento adxunto.