Sectores

Resumo da Reunión extraordinaria de Mesa Sectorial do 4 de Agosto de 2022


  1. SERGAS manifesta que “non negociou con ningunha OO.SS a substitución do equipo directivo da área de Pontevedra-Salnés”.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2022/08/02/sergas-accede-exigencia-sindicatos-efectuara-cambios-equipo-directivo-area-sanitaria-pontevedra-salnes/00031659467308139593988.htm?utm_source=whatsapp&utm_medium=referral&utm_campaign=share&utm_c

                    

  1. De forma simultánea, anuncia a substitución do Xerente da área Sanitaria de Pontevedra-Salnés por José Flores o ata o de agora Xerente do SERGAS.

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/sanidade-designa-gerente-sergas-como-nuevo-responsable-area-sanitaria-pontevedra-salnes/202208040951191212779.

caricature 5266210 960 720UGT-SP manifestamos que o “todo parecido coa realidade é mera coincidencia”  é máis propio da cinematografía que dunha xestión seria e coherente. 

O 3 de agosto Publicouse en prensa unha nota “conxunta do SERGAS e algunha organización sindical da área de Pontevedra” na que se anunciaba a destitución do equipo directivo, e todo isto corroborado con anuncios virales de que hoxe, dia 4, o Conselleiro presentaría en Pontevedra ao novo equipo directivo. UGT-Servizos Públicos manifestamos que o SERGAS dá veracidade a todo o publicado ao non desmentir a información e ao ratificarse a día de hoxe todo o publicado.

Doutra banda, desde UGT manifestamos que o SERGAS abriu o melón da confrontación e indicounos o camiño para seguir a partir de agora.

Todos os sindicatos representativos da Mesa Sectorial, que solicitaramos unha reunión urxente co Conselleiro, manifestamos que sentimos ninguneados xa que preferiu escabullirse e acudir a dar explicacións a Pontevedra en lugar de dar a cara na Mesa Sectorial.  

Os sindicatos de Mesa Sectorial, solicitaremos reunión urxente co conselleiro para que achegue as explicacións oportunas.

 

Desde UGT-Servizos Públicos, ante a desinformación que hai sobre as negociacións da Mesa Sectorial, queremos deixar meridianamente claro nosa postura en CONTRA das medidas impostas polo SERGAS ao persoal de PAC e AP.

Informa-T Mesa Sectorial 4-8-22.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.