FeSP-UGT solicitamos que se vacine a todo o persoal, NON SÓ ao Sanitario, en todos os centros.
Que vacina aplicarase?
-
- Empezase coa vacina de Pfizer.
- Por onde empezarán?
- Residentes e persoal sanitario e sociosanitario en residencias de persoas maiores e con discapacidade.
- Persoal sanitario de primeira liña.
- Quen administrará a vacina?
- Persoal de Enfermería voluntario dos centros de Saúde con polo menos dous anos de experiencia en vacinación e formación en RCP.
- Si hai máis voluntarios que os necesarios, considerarase a antigüidade en Atención Primaria.
- Ademais recibirán formación previa acerca das características da vacina e de toda a loxística.
- Os equipos de enfermería estarán en comunicación constante con Saúde Pública e Asistencia Sanitaria.
- Equipos de 2 enfermeiras/os por Residencia.
- Axenda de 45 vacinas por enfermeira/o día.
Recibirán Algún incentivo?
-
- Recibirán en concepto de programa especial 500 €/mes, pola súa dispoñibilidade e estar suxeitos a unha condición horaria que nalgunha ocasión pode condicionar que o horario se altere.
- Como se desprazarán ás residencias?
- En taxi.
- Que dotación terá o persoal para a súa protección individual, rexistro e complicacións que poidan xurdir?
- Máscaras FFP2
- Maletín para urxencias (shock anafiláctico, RCP…etc)
- Liña diecta con 061.
- Computador portátil, teléfono e un PC en cada punto de vacinación para facilitar o rexistro.