Sectores

RESUMO MESA SECTORIAL DECEMBRO


 Orde do día:
1.- Criterios básicos dos baremos das convocatorias dos procesos de estabilización de persoal estatutario derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
2.- Convocatorias de concurso-oposición de persoal estatutario nas categorías que figuran no anexo I do Decreto 81/2022 do 25 de maio polo que se aproba a oferta de emprego pública extraordinaria para a estabilización, prazas ofertadas artigo 2 da Lei 20/2021.
UGT-SP, manifestamos que en anteriores reunións acordouse (moi a pesar noso) que se alcanzaría a máxima puntuación por servizos prestados na mesma categoría e no Sergas en 15 anos. O Sergas manifesta que se poñen 12 co obxectivo de dar cobertura legal ao proceso de concurso.
UGT-SP, Cuestionamos que non saian prazas de Grupo Administrativo e grupo de xestión da función administrativa. O Sergas manifesta que se debe a que non hai vacantes anteriores a 2020. Valorarase incluír prazas se as houbese nas convocatorias de 2023 e 2024.
Corríxense os anexos de prazas tras detectar erros. O mércores enviarán informe completo de prazas.
Na categoría de auxiliar da función administrativa, había 10 prazas de discapacidade intelectual, pero nesta categoría nunca se convocou por esta quenda e non hai temarios axustados definidos polo que se eliminan da convocatoria.
As/os aspirantes que teñan solicitado o recoñecemento da discapacidade pero non a teñan recoñecida, poden sinalar esta opción, pero se non acreditan o recoñecemento antes de que se conclúa o prazo de reclamación da lista engádeselles á convocatoria libre.
En canto á Formación continuada, en convocatorias anteriores determinábase que os cursos terían que ir dirixidos á categoría e conter funcións da mesma. O cumprimento destes dous criterios expuña dificultades de interpretación para os tribunais, polo que se opta por poñer unicamente o criterio de cursos relacionados coa categoría.
UGT-SP, cuestionamos unha vez máis, que se baremen cursos de persoal non sanitario por créditos ECTS. Solicitamos que se baremen exclusivamente por horas. De non poder facelo así, que se recoñeza a cada crédito un valor de 10 horas.

Informa-T (resumo Mesa Sectorial 5122022)_.pdf
Informa-T (resumo Mesa Sectorial 2122022) (2).pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.