A directora expón amplamente o resumo de actividades e os datos de xestión económica. Informa do Premio nacional en innovación recibido pola Escola por UNIVERSO EGAP INNOVA.
Interveñen as persoas representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, asistiu CSIF pero non fixo uso da palabra. As felicitacións e recoñecemento a labor da Escola e do seu persoal son unánimes.
UGT manifestamos a felicitación polo Premio nacional a Directora e a todo o persoal da Escola que fan posible o esforzo de cumprir coa programación de actividades, de promover segundas edicións das accións máis demandadas, de desenvolver un plan formativo específico en igualdade e violencia de xénero amplo e ben valorado, así como o plan de teleformación e o plan ofimático. Destacamos tamén a mellora na formación de acompañamento a promoción interna.
Continuamos agradecendo o tratamento ás nosas propostas por parte do Secretario Xeral da Escola e enlazando coa transparencia e obxectividade, e a procura de mellorar a atención ás necesidades formativas dos empregados e empregadas públicos, UGT solicita:
- Planificar formación de reciclaxe no suposto de caducidade da formación, con módulos de actualización que non teñen que supoñer repetir toda a acción formativa.
- Planificar a formación continua e os criterios de selección de alumnado para dar cobertura ao desenvolvemento profesional e carreira profesional horizontal e vertical.
- Establecer criterios obxectivos de selección de alumnado e darlle publicidade.
- Establecer criterios obxectivos de incorporación de formadores, darlle publicidade.
- Oportunidade de incorporarse ao rexistro de formadores a empregados e empregadas públicos, xa que é un mérito para o desenvolvemento profesional e carreira profesional.
- Transparencia e coñecemento do rexistro de formadores por parte das Organizacións que conforman este Consello reitor da EGAP.
- Implementar curso específico sobre aplicativos de xestión específicos do persoal de Xustiza que procede de outras CCAA.
- Ampliar a formación específica
- Desenvolver os soportes en materia de elaboración de temarios e preparación de probas de acceso o emprego público de acceso libre e estabilidade, e adecualos os cambios nas tipoloxías dos procesos selectivos que se poidan implementar.
En todo o relativo a mellora da oferta de actividades, de criterios de selección de alumnado e de formadores, entendemos que a representación do persoal empregado público debería poder participar nunha Comisión ad hoc deste Consello Reitor.
A Directora da Escola agradece en nome de todo o persoal o recoñecemento ao seu traballo, que asume tamén as tarefas do centro especializado IEP dependente da propia Escola, nos remite ao buzón para facer as achegas e non estima preciso máis canles posto que a simplificación é un obxectivo que ten asumido.
O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, que preside o Consello Reitor sinala os tres retos en formación da Escola: xestión fondos UE, teletraballo e igualdade e violencia de xénero.
UGT espera que se tomen en consideración as propostas realizadas e se atendan por ser materia de negociación colectiva.