Sectores

Resumo da Mesa Sectorial: Orde pola que se convoca concurso para a selección da dirección dos centros e OPE da lei 20/2021


Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe, tratouse o PROXECTO DA ORDE pola que se convoca o concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

UGT-SP segue defendendo que sexan os centros cos seus órganos (Claustro e Consello escolar) os que decidan quen debe ser o seu director ou directora. 

Entrando no articulado da Orde facemos varias peticións:

-No artigo 2.1d): pensamos que o profesorado do centro debería ter preferencia sobre o que poida chegar externo, ou cando menos, ser un criterio de desempate. Pedimos que se cambie a  redacción actual, “Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e depender orgánicamente desta. Tamén poderán presentarse aquelas persoas…” por “Estar prestando servizos no centro educativo onde se celebra a convocatoria. En caso de ausencia de candidatos, tamén poderán presentarse persoas doutro centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e depender orgánicamente desta, en situación de servizos especiais…”

-No apartado e) , en primeiro lugar consideramos que o curso de formación que nesta orde aparece como requisito, debería permitir que sexa realizado a posteriori do nomeamento. En segundo lugar, no último parágrafo, pedimos engadir que sexan exentas tamén as persoas que exerceron algún cargo de equipo directivo.

 -No artigo 3.3., entendemos que o proxecto ten que estar a disposición dos membros do Claustro e do Consello Escolar un mínimo de 5 horas ou no horario completo do centro, e non só “no horario que estableza a dirección do centro”.

 -No artigo 5.1.

A sede da comisión de selección non debe ser decisión unilateral. Pedimos que sexa no propio centro, ou, cando menos, elixida pola comisión na súa totalidade.

No apartado 5.1. a) Solicitamos que a comisión de selección elixa democráticamente ao seu presidente, exceptuando o voto do alumnado.

Para o apartado d) demandamos que se escollan os representantes do profesorado en Claustro en votación con urna. Sabendo que cada membro do Claustro poderá votar ata un número igual a 3. 

-No artigo 7.4.

Como xa o expresamos noutras ocasións, para UGT o elemento de avaliación a través da entrevista nos parece pouco obxectiva, polo que solicitamos que se elimine.

-Baremo:

En canto o baremo cremos que o peso que teñen determinados postos tales como o desempeño da subdirección ou xefaturas de servizo para concurrir á dirección do centro é cuestionable, polo que solicitamos a súa eliminación ou a baixada da súa puntuación a 0.1 puntos.

Aproveitamos esta mesa para reiterar a nosa petición sobre as baixas prolongadas de directores e directoras que habitualmente son cubertas polos demais membros do equipo directivo. Polo que pedimos que se compense economicamente a este persoal que realiza unha doble función co traballo a maiores que iso conleva.

Con respecto á estabilización de interinos, a Administración adiantou os criterios que seguirán para establecer as prazas obxecto do concurso extraordinario e tamén as do concurso-oposición. Tamén aclararon que moi posiblemente o número de prazas que se ofertarán no concurso excederán as 550 previamente anunciadas por Feijoo. Na vindeira semana, nunha nova Mesa Sectorial comezará o proceso de estudo do número de prazas convocables por especialidade.

Nos arquivos adxuntos pode descargar o noso Informa-t pormenorizado e os criterios base facilitados pola Administración.

 

proposta_criterios_planificación_lei_20-2021.pdf
Informa-t_22-03-21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.