Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe, tratouse o PROXECTO DE DECRETO polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da CCAA de Galicia para o ano 2024.
A Consellería nos informa da oferta de emprego público dun total de 1387 + 125 = 1512 plazas (1387 da taxa de reposición do ano 2023 e 125 de PTFP que quedaron sen convocar). O reparto por corpos é o seguinte, incluídas as prazas de promoción interna:
Corpo | Prazas ofertadas |
Mestres | 520 |
PES | 875 + 220* |
EOI | 33 |
Sectores Singulares | 84 |
Inspección | 11* |
TOTAL | 1743 |
*Prazas de promoción interna
Dende UGT-SP expuxemos o seguinte:
- Criticamos a falta dunha negociación previa da oferta de prazas a convocar, cun estudo das necesidades dos centros educativos e a estabilización do profesorado.
Está claro que se fose negociado con nós, a oferta sería a correspondente as taxas de reposición dos anos 2022 e 2023, e non só as do 2023, tal é como o solicitamos por escrito ante a Consellería despois das declaracións do Presidente nas vísperas do Nadal.
A Conselleria resposta que non se convocaron as xubilacións correspondentes ao ano 2022 debido a taxa de interinidade estructural moi baixa e pola estabilidade do sistema.
- UGT-SP defende a necesidade de eliminar a limitación da taxa de reposición do 120% e non só como medida urxente para a redución da temporalidade cunha taxa superior ao 8% como o indica a Lei 31/2022, de Presupostos Xerais do Estado.
- Habitualmente as prazas de promoción interna non se cubren na súa totalidade. Sabemos que por lei a oferta destas prazas ten que ser dun 25% polo que demandamos á Administración que se comprometa a cubrilas e que non se utilice este sistema para amortizar prazas.
Para poder atender a estas peticións debería modificarse a lexislación de rango superior.
- En relación á novidade sobre a non acumulación das prazas de discapacidades desertas á quenda libre, nós entendemos que non se acumularían superando o 3%, polo tanto perderíanse esas prazas.
A Administración entende que a redacción do Decreto é a correcta, no obstante modificará a redacción da Orde para que se aclare a acumulación das prazas de discapacidade ás de quenda libre desta mesma convocatoria cando estas superen o 3%.
En canto a Orde pola que se convocan os procedementos selectivos de acceso aos corpos educativos UGT- SP expón:
- Dende UGT seguimos defendendo un sistema de concurso-oposición máis xusto con probas non eliminatorias.
- Chámanos a atención que no reparto de prazas nas distintas especialidades non haxa unha correspondencia proporcional entre as libre e as de discapacidade. Pedimos que se nos indique o criterio seguido pola administración.
Contestan que aproporcionalidede fíxose sobre o número de prazas totais e ao chegar ao 7% marcado pola lei, non se repartiron máis. Por exemplo, no caso de inspección onde se convocan 11 prazas por libre e ningunha por discapacidade.
- Debido á necesidade de tempo para a organización dos opositores, pedimos que se publiquen se convoquen as datas e lugares das probas con suficiente antelación, así como no punto 10.3.3 se amplíen os prazos de chamamentos polo menos a 48 horas de antelación. Engadimos a esta solicitude a ampliación do prazo de reclamación da lista provisional de 3 a 5 días hábiles.
Comunícasenos que non haberá modificacións de prazos, senón se da rematado o proceso a tempo.
- Queremos que se nos aclare no 7.10 sobre as funcións do tribunal, apartado i) que fai referencia a publicacións dos enunciados, solución e plantillas de corrección dos exercicios na páxina web.A que especialidades se refire cando di “de ser o caso”. Debería poder consultarse a que tribunais se exclúe desa obligatoriedade ou que todos teñan que facelo.
A Administración comprométese a que se cumpra esta obrigatoriedade.
- É importante que o rateo de aspirantes por tribunal se minimice ao máximo, polo que pensamos que a Consellería debería esforzarse para conseguir uns resultados cada vez máis obxectivos e eficaces nas probas selectivas. Tamén solicitamos que se facilite un mecanismo de comunicación entre tribunais e aspirantes, debido ás incidencias recibidas nas convocatorias precedentes.
- No apartado 14.4 debería actulizarse , por unha parte, as competencias base que deberían ser competencias clave e, por outra parte a tipoloxía da programación didáctica. A Consellería pide que se entregue en letra tipo Arial o que se contradice con outras convocatorias feitas nas que se quería normalizar, utilizando o tipo de letra Xunta Sans.
Realizaran as correccións de actualización necesarias na totalidade do documento.
- O profesorado demanda que se concrete a través de instrucións como deben presentarse as programacións didácticas, se deben presentarse no formato de PROENS ou no formato tradicional.
Aproveitamos para solicitar que se actualicen os temarios que están totalmente desfasados.
A Consellería coincide con nos co desfase total dos temarios, pero indica que están limitados por un Real Decreto que é competencia do Estado. Para as programacións non se farán cambios nesta convocatoria debido á falta de tempo para os aspirantes.
- Por último solicitamos que na fase de concurso os opositores non teñan que presentar a documentación que xa presentara anteriormente, e polo tanto xa está en coñecemento da Consellería.
Comunícannos que seguirán o procedemento utilizado para a convocatoria de estabilización.
Baremo
- UGT-SP solicita que o tempo traballado no corpo de EOI dun idioma se conte no apartado 1.1 con 1pto e non no 1.2 coa metade da puntuación para secundaria polo menos na especialidade de linguas modernas.
- Pedimos que se puntúen os cursos de menos de 30 horas.
- Solicitamos que nas rúbricas aparezcan tamén as puntucacións intermedias.
Respostan que deben de deixar marxe de actuación aos tribunais.
Corrección de Erros: a consellería informa de que o reparto de prazas no corpo de EOI sufriu as seguintes modificacións:
Francés: 8 libres + 1 discapacidade
Galego: 7 libres
Inglés: 12 libres + 1 discapacidade
Portugués: 4 libres
VARIOS:
- Seguimos solicitando que se presente nesta mesa a actualización dos ROC e o Plan de Igualdade.
Desde a Administración infórmannos que o trasladarán á Directora Xeral de Innovación Educativa.
Dende esta Dirección Xeral comunícannos que comenzarán co PdI ó longo da vindeira semana.
- Nalgún CEIP estase a contabilizarse os descontos horarios do profesorado itinerante sobre sesións de entre 20 e 45 minutos, como por exemplo a hora de ler, isto non é o que se contempla no acordo do profesorado itinerante. Pedimos que se revise esta cuestión.
- Dende o Departamento de Orientación están a queixarse de que os titores que necesitan realizar adaptaciones curriculares non teñen acceso a través de programa PROENS a tódolos currículos.
Esta queixa será trasladada a Dirección Xeral correspondiente.
- Comunicousenos que o curso de Igualdade obrigatorio para os funcionarios en prácticas non ten as mesma exixencias dependendo do relator que se lle asigne. Pedimos que haxa unhas directrices común para todos.
Consulta aquí o documento.