Sectores

Resumo da Mesa Sectorial: integración do profesorado técnico de formación profesional no corpo de ensino secundario e máis.


Na Mesa Sectorial de Educación de hoxe tratouse a  Orde pola que se convoca o procedemento para que o profesorado do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A).

Tramitación:

  • O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde na Diario Oficial de Galicia, obrigatoriamente por medios electrónicos (código de procedemento ED021A).
  • O persoal solicitante CON expediente actualizado soamente deberá presentar a solicitude de integración.
  • O persoal solicitante SEN expediente actualizado ademais de presentar a solicitude de integración  deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa (código de procedemento ED011A).

DEMANDAMOS NA MESA:

 

» Prazos para a integración. 

Que, pasados os 20 días, poidan seguir coa solicitude de integración e a modificación do expediente. 

A  Consellería manifesta que, para o persoal que aínda non cumpra os requisitos e os acade antes do 19 de xaneiro de 2026, se establecerá outro proceso posterior mediante a correspondente Orde. Sen embargo, aquelas persoas que, mesmo cumprindo actualmente os requisitos, non participen no procedemento actual, tampouco poderán esixir despois que o nomeamento se produza con efectos retroactivos. 

Tamén se regulará posteriormente o acceso do persoal de PTFP que, malia a cumprir os requisitos académicos, poida estar actualmente en excedencia sen reserva de posto de traballo, por exemplo, por incompatibilidade, por interese particular, etc . Nestes casos, antes de poder solicitar o acceso ó corpo de PES, sería necesario solicitar o reingreso. 

Que o prazo para a presentación das solicitudes de integración sexa indefinida no tempo, non só ata o 19 de xaneiro de 2026.

A administración aclara tamén que o profesorado con máis de unha especialidade no corpo de PTFP manterá a competencia en todas co paso ó corpo de PES.

 

» Equiparación salarial.

Que o profesorado interino das especialidades que se integran o Corpo de Secundaria tamén poida ser integrado ó A1, xa que «cumplen cos requisitos de titulación para impartir ditas especialidades». A administración contesta que o que se pretende é que os interinos da lista pasen á lista de PES, con ou sen titulación. A Consellería aclara que NON se vai excluír a ninguén das listas de interinidades e substitucións por carecer dos novos requisitos.

Que se  inicie o proceso de negociación cos sindicatos para a equiparación salarial do resto de PTFP, incluido o novo Corpo de Profesores Especialistas en Sectores Singulares da FP. A consellería responde que non se está pensando en ningún tipo de complemento, xa que de ser así se tería que aplicar a todo o subgrupo A2.

Que os interinos que conseguen a titulación a posteriori do 19 de xaneiro de 2021, tamén se beneficien do carácter retroactivo nas súas retribucións. Do mesmo xeito para o persoal que se xubilou a posteriori desa data e para o persoal substituto ou interino que prestou servizos nalgún momento nese período. Contéstannos que non se pagará debido a que isto podería ser unha causa de paralización do proceso de integración.

Que os trienios cumpridos dende o 19 de xaneiro de 2021 se actualicen ó grupo de PES. A este respecto, a Consellería entende que os trienios efectivamente deben actualizarse tendo en conta a data de efectos de acceso ó corpo de PES.

Tamén nos informan de que as retribucións estenderanse retroactivamente ata o 19 de xaneiro de 2021 só cando nese momento xa se cumprían os requisitos. Doutra forma estenderanse só ata a data na que perfeccionaron os requisitos.

 

» Facilidades para acadar os requisitos académicos:

  Créditos da experiencia laboral e docente

Que exista  un convenio entre a Consellería de Educación e Formación Profesional e a Consellería de Universidades para establecer mecanismos de convalidación de créditos da experiencia laboral e docente que permitan integrar a totalidade do PTFP no Subgrupo A1. Esta cuestión será trasladada ás Consellerías afectadas.

 

 Licenzas de formación 

Que se convoquen licenzas de formación anuais para facilitarlle ó profesorado a consecución de título de nivel grao tendo en conta o corto periodo do que dispoñen para certificar.

VARIOS

» Con respecto ó concurso de estabilización:

  • A Orde que regulará o  concurso de estabilización xa está enviada ó DOG polo que se prevé que o prazo se abra en breve.
  • A Consellería indica que idade de xubilación forzosa que se terá en conta será a idade establecida pola seguridade social con carácter xeral. O interesado non debe superar a idade máxima na data de nomeamento. Doutro xeito non poderá ser nomeado.
  • Tal como pedimos en anteriores reunións da Mesa Sectorial, as persoas que desempeñen funcións de orientación puntuaráselle ese tempo traballado. Adiántannos que se fará  dentro da súa especialidade de procedencia.

» Solicitamos que se nos informe da previsión da publicación dos concursos pendentes. Infórmasenos de que non se convocará o concurso de adultos pero si próximamente o concurso de orientación.

» Preguntamos sobre as listas de substitución de mestres. Están sendo actualizadas priorizando aquelas nas que existe máis demanda.

» Con respecto á subida do 1,5% con efectos retroactivos dende xaneiro de 2022. A previsión, como se veu anunciando nos medios, é que se faga efectiva antes do fin deste ano.

» Solicitamos que todos os interinos cobren os meses de xullo e agosto independentemente de que sexa unha interinidade do colectivo de atención domiciliaria ou con outras características. A administración argumenta que técnicamente o profesorado dese colectivo non ten unha interinidade senón que ten un nomeamento ata o 30 de xuño debido a que ese alumnado pode incorporarse en calquer momento.

 

» Preguntamos en qué momento está a tramitación dos ROC.

 

» Calendario convocatoria Procesos de estabilización. Está mandado ó DOG.

 

» Solicitamos que as prazas do CXT se amplíen para coas prazas de estabilización para que os funcionarios de carreira poidan optar a elas antes da incorporación do persoal interino que supere o proceso de concurso de méritos.

» Solicitamos a figura de técnico informático con praza nos centros educativos. Derivando estas funciones en empresas privadas só se consigue ampliar os prazos de cualquer servizo que necesite o centro. Os coordinadores TIC están realizando funcións de técnicos infórmaticos cando non é o seu  deber.

Accede aquí ó noso Informa-t.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.