Na reunión da Mesa Sectorial de Educación celebrada no día de hoxe comezamos por examinar o Anteproxecto de Orde pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta.
O primeiro que salientamos é a cuestionable práctica por parte dalgúns inspectores de fixar unha data próxima para presentar as programacións cando a propia administración aínda non ten publicado o currículo oficial e os docentes non recibiron suficiente formación coa ferramenta PROENS. A Consellería responde que todos os docentes que solicitaron a formación foron aceptados e realizaron a formación ou a van realizar próximamente. As solicitudes para participar no curso están entorno a un 30% do profesorado activo. Asemade vaise continuar mellorando a aplicación PROENS. Con respecto á data de entrega de programacións, a Consellería explica que se deron instrucións para aplicar toda a flexibilidade posible fixando o obxectivo de entrega en finais de novembro e principios de decembro.
Tamén criticamos que a maneira en que se regula a oferta de materias optativas. Por unha banda aplícase o requisito dun número mínimo de alumnos e ademais, por outra banda permítese non ofertar algunhas materias baseándose en “motivos organizativos”. Esta redacción non permite asegurar a disponibilidade de opcións do alumnado do rural. Débese modificar o artigo 4 neste sentido. A administración entende que se está a actuar con flexibilidade suficiente neste sentido, pero a impartición dunha materia con un ou dous alumnos non pode convertirse nunha regra.
Con relación ó profesorado habilitado para impartir “Anatomía Aplicada” sumámonos á petición do colectivo de profesores de Educación Física para que sexan incluídos. A administración comprométese a revisar ese punto.
Tratamos a continuación a Orde pola que se convocarán procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres.
O primeiro que lamentamos é que a Consellería non opte por convocar as prazas de reposición. A consecuencia vai ser unha oferta extremadamente reducida que apenas presenta oportunidades reais de obter praza. En consecuencia pedímoslle á administración que divulge información clara sobre os efectos da presentación de cara á permanencia ou acceso ás listas de substitucións. É fundamental que, cunha oferta mínima, os aspirantes teñan claras as súas expectativas. A Consellería recorda o acordo polo que a participación nestas oposicións non será obrigatoria para a permanencia en listas daquelas persoas que xa teñan o posto consolidado. Sen embargo, si podería ter consecuencias negativas para un eventual pago compensatorio no caso de perda de traballo.
No mesmo sentido, pedimos que o prazo de presentación de instancias neste proceso sexa posterior á resolución provisional do concurso de estabilización. Esto posibilitaría que os aspirantes teñan a maior información posible da súa situación antes de decidir participar nas oposicións ou non. A Consellería indica que teñen prevista a resolución provisional do concurso a principios de marzo, non será previa ó prazo de solicitudes, pero si antes da realización das probas. Está previsto que a convocatoria de oposicións se publique cara ó 28 de decembro.
Pedimos instrucións con respecto á lexislación aplicable ó presentar unidades didácticas nos cursos pares. Nese sentido deberían actualizarse tamén as rúbricas de correción que aínda fan mención ós “estándares de aprendizaxe”. A Consellería indica que se debería utilizar sempre LOMLOE.
Ó respecto do baremo pedimos que os aspirantes poidan remitirse á documentación que xa consta na Consellería e non teñan que volven presentar méritos que xa constan no seu expediente. A administración comprométese a darlle acceso ós tribunais ós méritos dos aspirantes. Deste xeito os aspirantes non precisarán aportar documentación que xa conste no seu expediente.
No apartado de varios tratamos os seguintes temas que nos fixestes chegar:
- Ó respecto do incidente producido onte, último día de prazo para participar no concurso de estabilización, no portal da Axencia Tributaria de Galicia, pedimos que se aclare o xeito no que deben proceder os aspirantes que non puideron pagar as taxas. En todo caso, queremos que se asegure que as persoas que presentaron a instancia sen poder efectuar o seu pagamento se admitan no concurso e reciban instruccións de como efectúar tal pagamento. A Consellería manifesta que deben efectuar o pago e esperar ás resolucións provisionais para que fagan as reclamacións oportunas. Por outra banda adiantan que se recibiron en torno a 12.000 solicitudes de participación no concurso excepcional por parte de 11.000 solicitantes.
- Tamén estamos a detectar un problema co profesorado galego que aspira a participar na convocatoria de AEEE. O feito de traballar como profesor en programas AICLE/CLIL non está correctamente acreditado. Só dispoñemos da acreditación da formación, non de desenvolver a función. Polo tanto, estes certificados non son válidos e os docentes aspirantes perden puntuación todos os anos. Pedimos que se estableza un procedemento para certificar o traballo desenvolto dos docentes que imparten materias nun idioma estranxeiro. A administración comprométese a analizar o problema.
- A continuación preguntamos polas datas previstas de resolución provisonal do CXT. A administración traslada que sairán a mediados de febreiro.
Para acceder ó contido completo preme no noso Informa-t