Na reunión da Mesa Sectorial de hoxe, tratouse a Resolución de xuño de 2022 pola que se convocarán licenzas por formación para o curso 2022/23 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.
Solicitamos que se incremente o orzamento para este tipo de licenzas para o profesorado porque conisderamos que é unha forma de ampliar e compartir os seus coñecementos e formación para así obter un esino de mellor calidade. O tempo de gozo das licenzas é moi escaso para as labores de investigación e pescuda especialmente no contexto de mudanza de curríuculos polo que pedimos que se amplien no seu conxunto.
Solicitamos que se volvan convocar as licenzas de perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior que se retiraran provisionalmente durante o momento máis acuciante da pandemia e para as que xa non debería existir este impedimento.
Apoiamos que o obxecto destas licenzas aborde ampliamente o ámbito dixital pero debemos rescatar as horas que se destinaban á mellora da competencia lingüística en lingua estranxeira dos docentes.
Pedimos ademáis a recuperación das licenzas por estudos retribuídas e non retribuidas porque entendemos que é un camiño indispensable para a especialización dun docente e polo tanto contribúe á mellora da calidade do ensino. Facemos especial énfase no caso do profesorado técnico de FP que merecen ter a oportunidade de mellorar a súa formación nas mellores condicións e poder acceder ó corpo A1. Xa que o prazo para titular vén taxado normativamente é importante apoiar a este colectivo xa dende o vindeiro curso.
Con respecto ós anexos IV e IX do borrador da Resolución, pedimos maior concreción dos criterios de valoración dos proxectos, sobre todo na modalidade 6. Aparecen 13 puntos que non están desglosados. Hai que obter un mínimo de 8.
No apartado de varios:
Pedimos a modificación das instrucciones de inicio de curso publicadas pola Consellería, entendendo que non son axeitadas e incluso que poden traer problemas legais en certos aspectos que afectan tanto ós dereitos dos traballadores como á propia xerarquía normativa.
Pedimos ademais que se diten instrucións para os catedráticos que recentemente foron nomeados.
Por último insistimos en solicitar información sobre a situación actual dos ROC.
Accede a toda a información no noso Informa-t