O pasado mes de febreiro tivo lugar a reunión da Comisión de seguimento do acordo, na que se trataron as seguintes cuestións:
SUPOSTOS SOLICITUDE DO COMPLEMENTO DE DESEMPEÑO:
- Persoal laboral con grado I recoñecido na convocatoria do 2019:
- Na convocatoria do ano 2019 non existía o complemento de desempeño, soamente existía o concepto de carreira, dado que se considerou tratar ao persoal laboral como futuro persoal funcionario logo de superar os procesos de funcionarización.
A esas persoas con grao I recoñecido no 2019 sempre que permanezan no mesmo Grupo, a solicitude de grao que realicen nesta nova convocatoria, será considerada como unha solicitude de grao II. No caso de que o grao I de 2019 fose decaído ou cambiase de grupo, nesta nova convocatoria se considerará a súa solicitude como grao I do complemento de desempeño.
- Persoal laboral con grao de carreira decaído. Dáse conta dun suposto:
- Persoal que tiña o grao recoñecido no 2019, como consecuencia da non superación do proceso de funcionarización, se lle decae dese grao. Posteriormente na convocatoria de 2022, solicita un novo grao, e se lle recoñece con efectos do 01.01.2022. Neste caso o sistema Breixo indica que xa percibiu este concepto de xaneiro ao mes de maio (percibiu o grao decaído). Analizado o suposto e por criterio da Intervención Delegada da Consellería, non se pode producir un solapamento do pagamento nestes casos, polo que no caso de decaemento, os efectos económicos do novo grao serán dende o día seguinte ao decaemento do grao que lle foi suspendido.
- Persoal laboral con grao recoñecido no 2022 ou na convocatoria de 2023:
- Nestes casos, dado que xa existe o concepto de complemento de desempeño, o grao que se recoñeza será neste concepto.
INTERPRETACIÓN DO ARTIGO 3.2 DO ACORDO:
Acórdase a seguinte interpretación ao respecto do artigo 3.2 do acordo que exclúe o acceso a este réxime extraordinario de aquel persoal que tivese recoñecido algún grao de complemento de desempeño na convocatoria de 2022:
Exceptúase desta exclusión a aquel persoal laboral cuxa carreira recoñecida na convocatoria do 2022 fose suspendida por non superar o correspondente proceso de funcionarización, tendo en conta que este persoal ten sido convocado dende o 15 de xaneiro a participar nun novo proceso e que a solicitude de recoñecemento está condicionada a superar o novo proceso de funcionarización.
PROPOSTAS PRESENTADAS POR CC.OO E UGT
- Proposta para o suposto do cómputo da antigüidade:
- Dado que na derradeira convocatoria de recoñecemento extraordinario do complemento de desempeño, dáse unha nova redacción á antigüidade necesaria que se debe acreditar como requisito; CCOO e UGT solicitamos que esta nova redacción se aplique á convocatoria anterior e se revisen as solicitudes desestimadas por non acreditar a antigüidade mínima.
- A Administración entende que a redacción da nova convocatoria non pode ter efectos retroactivos, nin pode implicar a revisión do resolto, polo que non se acada acordo ao respecto.
- Cómputo de servizos prestados para o persoal fixo-descontinuo:
- UGT e CCOO solicitamos a revisión do criterio para acreditación do cómputo dos servizos prestados para o acceso ao complemento de desempeño por parte do persoal fixo–descontinuo ou con contratos inferiores á xornada ordinaria, de xeito que se utilice o mesmo criterio que o empregado para os trienios e non se aplique o criterio de esixir 60 meses completos.
- Tras un pequeno debate, non se acada acordo, quedando as partes en estudar unha solución.