Sectores

Resumo do comité de empresa de Pontevedra da Consellería do Medio Rural


Na reunión mantida hoxe polo Comité de Empresa da Consellería do Medio Rural na provincia de Pontevedra UGT aportou os seguintes puntos a tratar na orde do día:

 

  1. Instrucións para a compensación das prolongacións de xornada:

Consideramos que todas as prolongacións de xornada teñen que ser devoltas, tal como establece o V Convenio Colectivo. Conforme a isto, propoñemos no Comité que se remita escrito a Dirección Xeral solicitando que esta envíe instrución para a compensación das prolongacións de xornada realizadas. Acórdase enviar escrito a dirección xeral.

 

  1. Análise do traballo de extinción dos lumes:

UGT solicita que se faga unha análise posterior á extinción dos incendios máis significativos, analizando os acertos e os erros cometidos en extinción, buscando mellorar operativamente, incluíndo persoal das diferentes categorías que participaron na extinción.

Acórdase enviar escrito á Dirección Xeral.

 

  1. Aumento do tempo de traballo do persoal do SPIF:

UGT leva pedindo reiteradamente que se cumpra o acordo do aumento do tempo de traballo do persoal fixo descontinuo de 9 meses a todo o ano, asemade pedimos unha folla de ruta para o aumento do tempo de traballo do persoal de 6 meses, ata alcanzar o pleno emprego.

Acordase enviar escrito á Dirección Xeral.

 

  1. Formación do persoal do SPIF:

UGT solicita que a formación ofertada ao SPIF esté aberta a todas as categorías e sexa homologada ou ben pola EGAP ou pola AGASP.

Acórdase enviar escrito á Dirección Xeral.

 

  1. Brigadas helitransportadas externalizadas:

UGT solicita que o persoal das brigadas helitransportadas sexa contratado como persoal propio da administración, evitando a disgregación do colectivo e unhas diferentes condicións laborais para o persoal que realiza as mesmas tarefas nos traballos de extinción.

Acórdase enviar escrito á Dirección Xeral.

 

 

Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.