Sectores

Resumo da Comisión de Persoal

PROXECTO DE DECRETO DE OPE 2023:

A título informativo refiren que remitirán cadro de prazas da oferta libre hoxe e que son as prazas de taxas de reposición aumentadas na porcentaxe máxima que establece a Lei segundo se trate de sectores prioritarios ou non prioritarios, ata totalizar 606 prazas que inclúen 6 de entes (IGAPE e INTECMAR).

Para promoción interna ademais da porcentaxe que se estableza das 606 prazas de OPE libre, convócanse outras 220 prazas de promoción interna separada.

Contémplanse tamén outras 92 prazas de funcionarización de repesca de persoas mal asesoradas ou que non puideron participar nas convocatorias anteriores.

O próximo venres día 3 de novembro Comisión de Persoal tratará a promoción interna horizontal.

RPT DE POLITICA SOCIAL

VOTOS: a favor  CCOO, CSIF e UGT. CIG abstención.

UGT argumenta o voto en que se crean Prazas sen facer amortizacións e que se compromete seguir coas RPT previstas que dean cumprimento ás revisión de niveis acordadas co sindicato na Comisión de Persoal de xuño de 2022, á creación de prazas do recente acordo de condicións de traballo de Política Social do 9 de agosto, e se empraza á regulación de horario especial e dispoñibilidade do persoal afectado desta modificación de RPT, entre outras materias a desenvolver en Política Social.

EXPEDIENTE ELECTRÓNICO

VOTOS: a favor CIG, CCOO e UGT. CSIF en contra.

UGT argumenta o voto na necesidade de actualizar a ferramenta de xestión de persoal e equiparala coas doutros ámbitos da propia Xunta, que sexa útil, eficaz e áxil na resolución dos procesos de Lei 20, dos concursos, das actualizacións de listas…etc., e o compromiso de facer xornadas informativas, unha guía e que sexa aberta ás modificacións se foran precisas

ROGOS E PREGUNTAS:

A DXFP responde que:

  • Enviarán buzóns de concurso de Axentes Medioambientais e das escalas de persoal Bombeiro Forestal.
  • A proposta de actualización de axudas de custe viran en próximos días á Mesa

Concretarase a data de sinatura de Acordo de Política Social, mantén a previsión de abono de domingos e festivos na nómina de novembro con atrasos de xaneiro a setembro

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.