Sectores

Resumo Comisión Central de seguimento do pacto de selección temporal


Información Xeral sobre o Pacto – Publicación de listas: 

  • Bloque 3: Celador, celador QDI, Grupo Auxiliar da función Administrativa, PSX, Técnicos en:dietética e nutrición, documentación sanitaria, hixiene bucodental, imaxe para o diagnóstico clínico, laboratorio de diagnostico clínico, radioterapia finais de mes de abril. 
  • Bloque 4: de Psicólogo, farmacéutico AP, Fisioterapeuta, logopeda, médico 061, médico especialista en medicina do traballo, odontólogo AP, Terapeuta ocupacional : Listas provisionaissemana do 19 de abril, e definitivas en maio
  • Bloque 5: listas provisionais de oficios, albanel, pinche, telefonista etc : mes de maio
  • Bloque 6: Grupo xestión administrativa, técnico en prevención de riscos laborais, L17-ATS/DUE, inspector farmacéutico etc.. Listas provisionais en maio

 Proposta do 061, Puntuación adicional outras categorías: medico/a asistencial e enfermeiro/a do 061

Queda aprobada esta puntuación. Dende FeSP-UGT manifestamos que non somos firmantes do plan de continxencia e que polo tanto xa non estamos dacordo con dita puntuación, e que tíñase que levar a reunión de plan de continxencia. Acordase polo resto das centrais excepto CIG e FeSP-UGT a concesión de dita puntuación adicional.

Proposta de acordo sobre un réxime transitorio para a aplicación das listas de aspirantes de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria:

FeSP-UGT Consideramos que non procede establecer un réxime transitorio despois de case un ano da publicación da lista provisional.
Para o único que serve este réxime transitorio é para que se sigan realizando nomeamentos sen criterios obxectivos e nun réxime de total desigualdade.
É por todo isto que desde a FeSP-UGT manifestamos ao SERGAS o noso rexeitamento ao réxime transitorio, solicitando que se publiquen xa as listas de Facultativos Especialistas de Área de Atención Hospitatalaria.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.