Sectores

Resolución provisional do CXT


Vense de publicar a Resolución do 14 de febreiro de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

Xa se pode consultar o listado provisional do corpo de primaria e o de secundaria e outros.

Tamén podedes ver o listado de persoas excluídas en primaria e secundaria.

O prazo para presentar reclamacións ou renuncias comezará mañá mércores día 16 de febreiro e rematará o 1 de marzo de 2022

Para formular reclamacións  ou renuncias deberedes comezar a xestión na páxina web www.edu.xunta.gal/cxt e posteriormente acceder á sede electrónica, localizar a  solicitude de participación do concurso xeral de traslados (ED012A) e premer no botón “Acción” para elixir a opción desexada.

O procedemento pormenorizado pode consultarse aquí.

Está tamén dispoñible a resolución do concurso para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación.

Como sempre, ante calquera dúbida ou xestión que necesitedes, estamos moi preto.