Sectores

Resolución provisional do CADP de secundaria

 

 

Vén de publicarse a Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2021/22.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra esta resolución vai dende o 2 de agosto ata o 2 de setembro, ambos incluídos.

As reclamacións formularanse por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mentres que as renuncias se realizarán a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. 

No caso de renunciar a todas as listas si se deberá enviar a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.gal.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.