Sectores

Resolución provisional da integración no corpo de PES


Como anunciamos tras a Mesa Sectorial de onte, vén de publicarse a relación provisional de persoas que se propoñen para a súa integración no corpo de profesores de ensino secundario así como daquelas que se exclúen provisionalmente.

O prazo de presentación de reclamacións a esta resolucións, que serán obrigatoriamente por medios electrónicos e tal como se explica na resolución,  vai de mañá xoves  9 de marzo ata o 22 de marzo de 2023.

A resolución incorpora tamén de oficio a persoal xa xubilado que cumpría os requisitos a data de entrada en vigor da lei e cuxos dereitos a un cobro con efectos retroactivos se recoñecen. Tamén nestes casos é importante nestes casos revisar o anexo correspondente e reclamar se non estivermos incluídos.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, ou queredes información dos recursos que puideran resultar procedentes, podedes contar con nós. Estamos aquí.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.