Sectores

Resolución provisional de axudas do Fondo de Acción Social


RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

 

De conformidade co establecido na norma 9.2 dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2021, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2022 e publicados mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 25 de abril de 2022 (DOG núm. 82, do 29 de abril), o anuncio de exposición das listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

 

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1995, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes ou dos/das causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Dando cumprimento ao prescrito, a dirección xeral resolve:

 

Primeiro. Facer públicas as listaxes provisionais das axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

 

Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

 

Segundo. Contra a resolución provisional dos expedientes os/as interesados/as poderán presentar reclamación e, de ser o caso, emendar os defectos causantes da exclusión provisional, no prazo de dez días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

As reclamacións e achegas de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, no Edificio Administrativo San Caetano, nº 1, 2º andar, 15770 Santiago de Compostela.

 

 

Copia de UGT Informa T descargas