Sectores

Resolución Definitiva do Fondo de Acción Social


Vén de publicarse no DOG  a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas polos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2021.

Os solicitantes poden comprobar se a resolución lles foi favorable nesta páxina. Deberán introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Contra a resolución definitiva dos expedientes as persoas interesadas poderán presentar recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os recursos deberán dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, no Edificio Administrativo San Caetano, número 1, andar 2º, 15770 Santiago de Compostela.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.