Xa contamos coa resolución definitiva do concurso de docentes de relixión.
A toma de posesión dos destinos obtidos neste concurso, tanto para os docentes de relixión en primaria como para os de secundaria, terá efectos do 1 de setembro de 2021 e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.
Contra esta resolución cabe formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ou directamente un recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Como sempre, se tes algunha dúbida, atendémoste.