- Resolución do 2 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2024/25:
Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao da publicación. O prazo será o comprendido entre o día 24 de agosto de 2024 ata o día 23 de setembro de 2024.
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o código de procedemento ED002B.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
- INSTRUCIÓNS e DOCUMENTACIÓN para a TOMA de POSESIÓN