Sectores

Resolución convocatoria á proba obxectiva de acceso ao título de Especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria


Publicada hoxe no BOE a Resolución pola que se convoca a proba obxectiva de acceso ao título de Especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria: Disposición 18263 del BOE núm. 267 de 2021

Listaxe PROVISIONAL de admitidos, AQUÍ.

Os admitidos nas listas provisionais deberán INSCRIBIRSE para participar na proba obxectiva, nun prazo de 15 días naturais contados a partir do día 9 de novembro, accedendo a través desta ligazón.

Tamén será requisito imprescindible remitir UNHA FOTO tamaño carné en formato JPG, cun tamaño aproximado 25 kb, especificando como nome do ficheiro o número de DNI con letras maiúsculas e sen guións, ao seguinte correoprueba.enfermeriafyc@universidades.gob.es

 

DISPOÑERASE DUN MÁXIMO DE 2 CONVOCATORIAS:

  • 1ª convocatoria: sábado 11 de decembro de 2021
  • 2ª convocatoria: dentro dos 10 meses seguintes.

A PROBA OBXECTIVA É EN MODALIDADE EN LIÑA, ESCRITA E CONSTA DE 2 PARTES QUE SE REALIZARÁN NUN ÚNICO DÍA.

  • 1ª parte: 100 preguntas + 10 de reserva. Duración: 2 horas. Resposta correcta: suma 1 punto. Resposta incorrecta: resta 0 ́35 puntos.
  • 2ª parte: análise de 5 casos clínicos cada un consta de 5 preguntas. Duración: 1 hora. Resposta correcta: suma 4 puntos. Resposta incorrecta: resta 1 punto.

 

Non esquezades, unha vez publicados a listaxe de aprobados definitivo e nun prazo máximo de 30 días, ENVIAR A SOLICITUDE que aparece como anexo na última páxina do BOE citado anteriormente, dirixido á Secretaria Xeral de Universidades, sinalando se desexa obter este título de especialista ou desexa esperar á realización dunha ou máis das posibles probas de avaliación para o acceso excepcional a outros títulos de especialista en enfermería.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.