Sectores

Resolución apertura prazo de solicitudes listas únicas persoal funcionario


 

Publícase hoxe en DOG a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas únicas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario en determinados corpos, escalas ou especialidades de persoas integrantes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes.

Nas solicitudes de inclusión unicamente poderán modificarse:

  • Ámbitos territoriais e
  • Datos persoais e
  • Se é o caso, incluiranse as titulacións para determinadas categorías profesionais laborais cando así se estableza expresamente nas resolucións de convocatoria

 

Prazo para a presentación de instancias:

  • Comezará o día 19 de outubro e finalizará o 18 de novembro de 2021.

Requisitos que deberán posuír as persoas solicitantes:

  • Figurar admitido/a nalgunha lista das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario en que se solicita a inclusión en listas, de conformidade coas equivalencias establecidas no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado pola Orde do 10 de marzo de 2021, que se recollen no anexo II da resolución.
  • Non poderán solicitar a inclusión nas listas únicas, ao abeiro desta convocatoria, as persoas que figuren penalizadas o 15 de xullo de 2014 ou con anterioridade a esta data, en todas as listas en que figuren inscritas das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario en que instan a inclusión.

Solicitudes

  • Presentarase, preferentemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado contido no anexo I da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG do 30 de xullo) (código de procedemento AP522U), accesible, así mesmo, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Documentación:

Non será necesario achegar documentación complementaria, excepto as persoas integrantes que non teñan nacionalidade española, que deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I da Orde do 20 de xullo de 2021) (código de procedemento AP522U) a seguinte documentación:

  • Pasaporte e/ou documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reguladora do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.

Elaboración das listas únicas e publicación:

O anuncio de exposición das listas de vinculación temporal únicas provisionais e definitivas para o desenvolvemento transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario, elaboradas ao abeiro desta resolución, publicarase no DOG.

  • Nestas listas de vinculación temporal figurarán:
    • As persoas admitidas con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG do 30 de xullo)
    • As persoas excluídas, con expresión da causa de exclusión.
  • O contido destas listas poderá consultarse:
    • No portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de <Listas de contratación> e
    • Nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia.

ANEXO I: corpos e escalas de persoal funcionario

Grupo

Corpo/ Escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxías da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

 

ACCEDE Á RESOLUCIÓN

 

 

ANEXO II

LISTAS DE PERSOAL LABORAL DE CATEGORÍAS PROFESIONAIS EQUIVALENTES ÁS DOS CORPOS E ESCALAS DE PERSOAL FUNCIONARIO NAS QUE SE PODE PRESENTAR SOLICITUDE DE INCLUSIÓN EN LISTAS

Captura de pantalla 2021 10 18 121848

 

Informa_t_convocatoria_solicitudes_lista_unica_18_10_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.