Resolución do 21 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B, (DOG nº 46, do 9 de marzo)
De conformidade co artigo 12 da Orde do do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 24 de xuño e o día 28 de xuño de 2024, ambos os dous incuídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:
- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
- Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.
- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”.
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.