Publicada hoxe en DOG a Resolución do 2 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).
Contén:
A orde de prelación e a puntuación definitiva nos colectivos profesionais que se indican a seguir:
1. Clase de inspector/a médico/a.
2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.
3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de Saúde Pública.
4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.
5. Clase de subinspector/a sanitario/a.
6. Clase de ATS/DUE.
– As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
– O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos