Sectores

UGT presenta Recurso de Reposición pola eliminación das prazas dos Procesos Selectivos de Emisorista-Vixilante/a Fixo/a e Condutor de Motobomba


UGT ven de presentar no día de onte un recurso de revisión sobre a Resolución de 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022, que convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados de la Lei 20/2021, cuxo obxecto é a modificación da Resolución de convocatoria dos corpos do subgrupo C2, e que determina a eliminación, das especialidades de emisorista/vixilante/a fixo/a e de bombeiro/a forestal-condutor/a motobomba.

UGT considera que tal modificación é contraria a dereito. Estamos en presenza de prazas que a propia Dirección Xeral identifica con todos os datos a través da publicación na súa web,  e que cumpren todos os requisitos establecidos na Lei 20/2021 para ser incluídas na oferta de emprego e se proceda á selección segundo o sistema que corresponde.

A Lei 20/2021 constitúe un auténtico mandato imperativo do lexislador dirixido ás Administracións públicas en orde á articulación de ofertas de emprego público e convocatoria de procesos selectivos con determinadas especialidades e con unha finalidade clara, concreta e determinada no tempo, cal é a de situar a taxa de temporalidade por debaixo do 8%. E o cumprimento de tal finalidade atópase incardinado, e reforzado no seu nivel de esixencia, polo cumprimento dos obxectivos establecidos no compoñente 11 do Plan de  Recuperación, Transformación e Resilencia presentado polo Goberno de España e avaliado positivamente pola Comisión Europea.

Pero xera, ademais, un auténtico dereito subxectivo para aquelas persoas con vinculacións temporais excepcionalmente largas e tan habitualmente censuradas en multitude de resolucións xudiciais ditadas a todos os niveis e, moi singularmente, provenientes do TJCE, catalogadas de auténticos abusos da contratación temporal por parte das Administracións públicas. No se escapa, e así o expresa con toda claridade a propia Lei 20/2021, que se trata de un proceso extraordinario que delinea, de forma excepcional e por unha soa vez uns sistemas excepcionais de acceso tendentes a paliar e, en certa medida, a compensar o mencionado abuso que, ao fin, afecta a persoas concretas e determinadas.

UGT xa dicía, no ano cando se aprobou as OPEs dos anos 16 e 17, que eran incorrectas, que se estaban a convocar máis prazas das que en realidade existían. Chegados á negociación da estabilización, eramos conscientes da problemática, pero tanto a OPE, como as Resolucións de convocatoria entendíamos que a administración tiña buscada a solución ao problema de falta de prazas. Visto o resultado UGT propón solucións, busca que non sexan as persoas que xeran o dereito de ocupación de prazas as afectadas por unha mala xestión das ofertas, seguimos e seguiremos aportando solucións, como primeiro paso a Consellería de Facenda e AP debe admitir o recurso de revisión. EN NINGÚN CASO AS PERSOAS PODEN SER AS QUE PAGUEN UNHA PEAXE SOBRE A XESTIÓN INCORRECTA.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.