Dende o día 15 deste mes, os mutualistas e beneficiarios de MUFACE que pertenzan ó SERGAS non precisan utilizar o talonario de receitas e só deberán mostrar a tarxeta sanitaria nas farmacias.
Exceptúanse as receitas fóra do ámbito do SERGAS ou as que precisan visado (como no caso de algúns produtos dietoterápicos ou para facilitar a reprodución asistida…). Nestes casos si será indispensable seguir utilizando o talonario en papel.
Polo de agora, a medida tampouco inclúe ós mutualistas e beneficiarios que utilicen os servizos sanitarios privados.