Sectores

Puntuacións provisionais do baremo do concurso de estabilización


Na páxina web da consellería vén de publicarse a Resolución do 25 de abril de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisorias do baremo correspondente ós procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, ós diferentes corpos docentes.

O prazo para presentar posibles reclamacións ás puntuacións outrogadas vai dende o mércores 26 de abril ata o 10 de maio de 2023, ambos incluídos.

Se participas neste proceso, revisa a túa situación!

Recorda que se necesitas asesoramento neste eido, como sempre podes contar con nós. Estamos aquí!

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.