Sectores

Punto de Rogos e Preguntas. Comisión de Persoal (22.12.2023)

Información facilitada pola Dirección Xeral da Función Pública:

  • Caída do sistema informático de AMTEGA:
    • a pregunta formulada onte sobre isto e dado que era o último día do prazo de solicitude de procesos selectivos de BBFF e AAFFMM, confirma que se solucionou con rapidez polo que non afectou ao remate do prazo de solicitudes.
  • Requisito de estar en posesión do carné de moto no proceso selectivo de Axentes:
    • onte preguntouse sobre o cumprimento do requisito, ao que responde que o mesmo, tal e como din as bases do proceso ten que terse o último día do prazo de solicitudes.
  • Datos introducidos nos expedientes persoais fora de prazo:
    • Sobre a cuestión que formulamos onte, ao respecto das persoas que mecanizaron no seus expedientes electrónicos datos sobre os méritos dos procesos selectivos de estabilización con carácter previo á apertura oficial do prazo, responde que toman nota da cuestión e que o aclararán na Resolución que se faga de apertura de prazo para a acreditación dos méritos.

Neste momento non pode aclarar máis porque están estudando si poñerán unha casilla de verificación para indicar si os méritos están xa presentados pero non validados e polo tanto que non os presente ou si non será necesaria esa casilla, están analizando cal será o sistema para non ter que volver a presentalos.

Informa de que nos 3 primeiros días de apertura de expediente presentáronse 900 solicitudes de actualización,  e insiste en que o lóxico é esperar a presentalos cando se abra o prazo. O que se presenta no prazo é o que se analiza en primeiro termo, si se presentan fora do prazo hai que facer dobre listaxe e comprobar si estaba ou non presentado o que complica o traballo.

  • Publicaranse o día 26:
    • As convocatorias dos procesos de funcionarización, terán a apertura do prazo para solicitar no mes de xaneiro, aclara que o Decreto de oferta do 20 publicouse o 29 de decembro polo tanto están en prazo.
  • Publicarase o día 29:
    • A apertura do prazo para os procesos de funcionarización daquelas persoas que están en excedencia.
  • Entre xaneiro e marzo constitúense 40 tribunais novos de procesos selectivos e seguirase co calendario previsto.
  • Remitiron as bases dos procesos de libre da oferta do ano 21 que faltaban por convocar con prazo de alegacións ata o día 8 de xaneiro e remitiranse hoxe as bases das convocatorias de promoción interna, algúns irán sen temarios porque están sen actualizar, para logo proceder no mes de xaneiro á súa tramitación e publicación e tamén o concurso de gardacostas.
  • Na vindeira reunión no mes de xaneiro comentarán a apertura dalgún concurso máis, dado que a idea que manexan é ir convocando todos os concursos.
  • Eleccións de destino das enxeñerías:
    • Agronómica e Agrícola despois do 8 de xaneiro remitirán as prazas ás OOSS, tamén remitirán o criterio, analizan neste momento cal sería a prioridade na elección no suposto de convocatorias de libre e estabilización. Informa de que o máis probable sería dar prioridade á data da oferta de emprego da convocatoria, é dicir si hai 2 procesos un do 18 e outro do 19 iría primeiro a do 18, pero indica que non é un criterio pechado, en caso de que sexan do mesmo ano as dúas convocatorias daríase prioridade ao proceso de estabilización e logo ao de libre, elixindo sempre e en todo caso en primeiro lugar a quenda de interna sobre a de libre. O buzón que circula non é o que se pasará ás OOSS, en tanto que non está pechado no seu análise interno.
  • Listas de BBFF funcionarios:
    • Estase traballando nela chegoulles esta semana o informe da empresa que ten o mantemento do programa informático de listas con varias cuestións para actualizalo, no mes de xaneiro o verán.
  • Listas:
    • Respecto a listas váiselle a dar prioridade, na actualización de méritos que remata o 5 de xaneiro, ás escalas nas que se crean prazas na RPT da Consellería de Política Social e Xuventude, para que a adxudicación sexa un pouco antes que ao resto.
  • Bolsa de horas de conciliación do 5%, derivada do Acordo de concertación:
    • No mes de xaneiro intentarán dar unha aclaración á cuestión.
  • Procesos de funcionarización sen rematar:
    • No mes de xaneiro traballarase na das categorías que quedan dos grupos I, II e V, farase o antes posible, probablemente na primeira quincena e a continuación nas restantes dos grupos III e IV,  co fin de rematar a funcionarización o antes posible.
  • Cuantificación en FIDES do tempo traballado do persoal laboral indefinido non fixo:
    • Estase traballando na problemática detectada, analizando si se pode solucionar dunha forma directa cos datos que constan en RCP ou si se terá que facer manualmente revisando sentenza a sentenza de cada un dos afectados.
  • Segunda actividade BBFF:
    • Remarca que a posición de Función Pública é que as condicións do persoal laboral funcionarizado son as mesmas que se tiña como laboral mentres non se negocien outras. Considera que si é necesario negociar un acordo para esta cuestión se fará, en tanto non se negocie un acordo que con carácter xeral se aplique a outras escalas, categorías ou especialidades.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.