Sectores

Publicado o “des-acordo” do teletraballo “con restriccións” entre CIG e Xunta (07/01/2021)


Publícase hoxe en DOG o desacordo restritivo do teletraballo entre a CIG e a Administración Autonómica que segundo o articulado deixa fora do mesmo a:

  • Entidades públicas instrumentais da letra b) do artigo 45 da LOFAXGA.
  • Persoal ao servizo da Administración de xustiza, que non estea prestando servizo na Admón Xeral.
  • Postos en oficinas de rexistro e atención e información á cidadanía.
  • Postos de persoal subalterno.
  • Postos técnicos ou administrativos de unidades con atención 24 horas (emerxencias, prevención de incendios e outras análogas).
  • Postos que desenvolvan as súas funcións fóra das dependencias administrativas.
  • Posto que impliquen o manexo de información e acceso a datos non dixitalizados.
  • Postos cunhas funcións que esixan necesariamente a prestación de servizos presenciais, entendéndose por tales os de:
    • persoal non docente en centros docentes e en centros de formación e inserción profesional,
    • os destinados en residencias e centros de atención a persoas maiores e con diversidade funcional,
    • centros de recepción e acollida de menores
    • centros especializados en atención a maiores
    • centros de avaliación de persoas con discapacidade
    • todos aqueles outros que determine a Comisión Técnica de Seguimento do Teletraballo.

Solicitudes que estean en trámite, adaptaranse ás novas previsións contidas nel e para tales efectos o prazo para resolver e notificar a resolución, sempre que non estivesen xa estimadas as solicitudes por silencio administrativo polo transcurso do prazo máximo previsto actualmente, amplíase en dous meses máis contados desde a data de efectos do presente acordo

Autorizacións concedidas ao abeiro da normativa anterior á entrada en vigor deste acordo poderán manter a súa eficacia sempre e cando resulten cumpridos os requisitos de:

  • Contar cunha presenza diaria mínima obrigatoria do 40 % dos efectivos do órgano de adscrición.
  • Implantación no prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste acordo un sistema de xestión do traballo por obxectivos ou un sistema medible de asignación de tarefas.

As ditas autorizacións non serán susceptibles de prórroga e as persoas interesadas en continuar prestando servizos nesta modalidade deberán presentar unha nova solicitude ao abeiro deste acordo

Enlace á publicación:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210107/AnuncioG0597-181220-0007_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.