Publicado no DOG o Acordo da Xubilación Parcial no ensino concertado

Publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Acordo da Xubilación Parcial para o profesorado dos centros de ensino concertado en pago delegado. Dende o momento da súa publicación no DOG (05-01-2026), as persoas interesadas poderán solicitar a XP ata 2 anos antes da xubilación ordinaria, con 3 fiestras de acceso nos meses de xaneiro (1 de febreiro no caso do 2026), abril e setembro. O xubilado parcialmente reducirá nun 72% a xornada de traballo (18 horas lectivas semanais).

O Acordo, asinado pola UGT-SP e outras OOSS o pasado 12 de decembro, non recolle todas as reivindicacións do sindicato, pero é un avance nas condicións laborais dos docentes galegos.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.