Sectores

Publicado no BOE o XXIII Convenio Colectivo Nacional de Autoescolas


O luns 4 de abril, saíu publicado no Boletín Oficial do Estado, o XXIII Convenio Colectivo Nacional de Autoescolas.

 

O convenio prevé uns incrementos salariais de case un 8% durante a vixencia do convenio, garantías salariais dun diferencial para os profesores con respecto ao SMI vixente en cada momento e unha actualización automática do salario mínimo para os traballadores que estean vinculados ao mesmo. O ámbito temporal do convenio é ata o 31 de decembro de 2023.

 

O XXIII Convenio entra en vigor a partir do día seguinte da publicación no BOE, fóra dos salarios que se actualizarán da seguinte maneira:

  • A partir do 1 de setembro de 2021 e ata o decembro de 2021, os salarios incrementaranse nun 2%, sobre a nómina de agosto de 2021.
  • A partir de xaneiro de 2022, incrementaranse os salarios noutro 2% sobre a nómina de decembro de 2021.

No caso de que o IPC real ao 31 de decembro de 2022 sexa superior ao incremento de táboas fixado para o 2022, as empresas procederán a revisar as táboas salariais – en todo caso á alza – na diferenza entre o devandito IPC real e o incremento efectuado, con efectos do 1 de xaneiro de 2022.

  • A partir de xaneiro de 2023 incrementaranse os salarios nun 4% sobre a nómina de decembro de 2022.

No caso de que o IPC real ao 31 de decembro de 2023 sexa superior ao incremento de táboas fixado para o 2022, as empresas procederán a revisar as táboas salariais – en todo caso á alza – na diferenza entre o devandito IPC real e o incremento efectuado, con efectos do 1 de xaneiro de 2023.

Se correspondesen atrasos ás devanditas revisións, estes realizaranse en xaneiro de 2023 e xaneiro de 2024 respectivamente.

 

 

    Sindicato Nacional de Ensino Privado    

    XUNTOS PODEMOS MÁIS    

 

 

 

 

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.