RESOLUCIÓN pola que se adxudican provisionalmente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2022/2023 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).
Descarga a resolución
2 días hábiles para reclamacións e denuncias
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De formular a reclamación de xeito presencial, a persoa reclamante será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.
As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través do enderezo https://www.edu.xunta.gal/cadp/ e non é necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia
Accede a toda a información