Sectores

Publicada a resolución provisional do CXT para o corpo de mestres

 

Vén de publicarse a resolución provisional do CXT para as especialidades do corpo de mestres e tamén para as prazas de xefatura de orientación.

O prazo de presentación de reclamacións a estas resolucións ou renuncia á participación farase obrigatoriamente por medios electrónicos  entre o día 8 e 21 de marzo de 2023.

Recordamos que o pasado 24 de febreiro xa se publicara a Resolución provisional para os corpos de secundaria.

Neste caso o prazo de presentación de reclamacións a esta resolución provisional ou renuncia remata o 10 de marzo de 2023.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, ou queredes información dos recursos que puideran resultar procedentes, podedes contar con nós. Estamos aquí.