Sectores

Publicada a oferta de emprego público dos corpos docentes  para o ano 2021

Publicada a oferta de emprego público do 2021.

Publicado o Decreto 84/2021, do 12 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes  para o ano 2021 resulta a seguinte distribución de prazas:

 

 Corpo de mestres:  652
 Corpo de profesores de ensino secundario:  692
 Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:   20
 Corpo de profesores de artes plásticas e deseño:

En canto ás prazas de promoción interna establécense 230 de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e 2 prazas de acceso ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño.

Do total de prazas ofertadas para ingreso e acceso reservarase unha cota do 7 % para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.