Publicada en DOG a resolución da D.X. de Recursos Humanos do SERGAS do proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro):
- A relación provisional de persoas admitidas e excluídas
- Os resultados provisionais de baremación
Nos colectivos profesionais que se indican a seguir:
- Clase de inspector/a médico/a.
- Clase de inspector/a farmacéutico/a.
- Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.
- Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.
- Clase de subinspector/a sanitario/a.
- Clase de ATS/DUE.
As listas provisionais, (puntuación e orde de prelación provisionais), atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde: www.sergas.es.
O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
RECLAMACIÓNS:
- Contra a resolución pódese presentar reclamación, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
- As persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.
- A aceptación ou o rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no DOG, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes, no proceso de actualización.
Enlace á publicación:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210527/AnuncioG0003-200521-0003_gl.pdf