Publicada hoxe (23/11/2020) en DOG a Resolución pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para ingreso polas quendas de promoción interna e libre dos subgrupos A1 e A2.
Ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.
No anexo I, da resolución, figura a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos
No anexo II figuran os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación
Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación de cada un dos procesos selectivos
No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde prelación
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica. xunta.gal, seguindo a ruta:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo ao cal se accede e orde prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e atendendo á orde preferencia na selección de destinos efectuada por esta
Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal
Enlace á Resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201123/AnuncioG0597-181120-0002_gl.pdf