Sectores

Publicación DOG: Listaxe provisional de persoas admitidas. Lista única da agrupación profesional: limpeza e cociña

Publícase hoxe en DOG a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter provisional que solicitaron a inclusión na lista única para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal da agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal da agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña ao abeiro do establecido no artigo 4.1 da Orde do 20 de xullo de 2021.

Podes consultar as listas:

  • No portal web corporativo da Xunta de Galicia:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

  • Nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Información que figura nas listas:

  • As persoas solicitantes admitidas na lista única, ao abeiro da Resolución do 12 de abril de 2023, procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentese das solicitudes presentadas no prazo de 2023 nas listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes segundo o punto sétimo da dita resolución
    • Puntuación provisional resultante da aplicación do baremo.
  • As persoas excluídas ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, coa causa de exclusión

Reclamacións:

  • Prazo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta Resolución en DOG.
  • Presentarase ante:
    • Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
  • Documentación que tes que achegar, de ser o caso:
    • Documentación necesaria para emendar a causa de exclusión.

Certificación de servizos prestados (Anexo II da Resolución).

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.