CXT 2020 – Publicación das instancias de participación na aplicación do concurso.
Xa podemos comprobar o noso baremo e a posición que acadamos en cada unha das peticións feitas a través do aplicativo do CXT.
Xa están publicadas as instancias de participación e o baremo provisional.
Reclamacións:
Prazo: Dende hoxe día 5 de febreiro ata o mércores 10.
Correo electrónico a:
persoal.primaria@edu.xunta.gal ou
persoal.secundaria@edu.xunta.gal
Indicaremos no asunto da mensaxe:
“Reclamación CXT”,
“Reclamación ORI” ou
“Reclamación ADULTOS” segundo corresponda.
Velaquí as datas nas que se espera a resolución provisional:
Secundaria: 4 de marzo
Mestres: 11 de marzo