Sectores

Publicación de listas provisionais de contratación temporal de persoal laboral


Publicación, hoxe en DOG, da Resolución pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia dos seguintes grupos e categorías de persoal laboral temporal:

  • Grupo I, categorías:
    • 2 (médico e outras)
    • 6 (titulado/a superior psicólogo/a)
    • 11 (titulado/a superior pedagogo/a)
  • Grupo II, categorías:
    • 2 (ATS e outras)
    • 6 (educador/a, profesor/a especial)
    • 11 (fisioterapeuta)
    • 17 (asistente social)
    • 20 (terapeuta ocupacional)
  • Grupo III, categoría:
    • 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia)
  • Grupo IV, categoría:
    • 3 (auxiliar de clínica e outras).

As listas poderanse consultar en:

Información que figura nas listas:

  • Solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
  • Solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.

Reclamacións:

  • Prazo: dez días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións
  • Ante: Comisión Permanente (DX da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
  • Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:
    • Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.
    • Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos no artigo 9.b) do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución.

No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.

Solicitude de suspensión de chamamentos: (a partir de hoxe)

  • A partir da publicación desta resolución no DOG, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.
  • Modelo de solicitude: https://www.xunta.es/listas/menu.jsp

Enlace á publicación en DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210615/AnuncioG0597-070621-0005_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.