Publicada hoxe en DOG as seguintes resolucións que conteñen as datas de exames das seguintes procesos selectivos:
PRIMEIRO EXERCICIO.
- Acceso libre e de promoción interna, corpo facultativo de grao medio de Administración especial, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría.
- Día: 24 de maio de 2025.
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.
- Lugar: salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
- Acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.
- Día: 24 de maio de 2025.
- Hora: en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.
- Lugar: salón de actos e nas aulas 1 e 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
SEGUNDO EXERCICIO:
- Promoción interna, corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1.
- Día 12 de maio de 2025.
- Hora: 15.30 horas, en chamamento único.
- Lugar: seminario B da Escola Galega de Administración pública (EGAP), polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio.