Vén de anunciarse a publicación das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba.
En contraste coa previsión anterior que a Xunta adiantara ós medios, a publicación de hoxe si que surte efectos e, salvo futuras correcións das que vos iríamos dando conta, responde á convocatoria oficial.
Os aspirantes que desexen revisar as publicacións oficiais que se levan dando en torno ás oposicións poden acudir a esta páxina da Consellería na que se van incorporando en orde cronolóxica.
Próximamente tamén será importante revisar nesta páxina os avisos e convocatorias que poida facer cada tribunal.
—————————
Actualización 13/06/22: Vén de publicarse unha correción nas datas, horas e lugares. Infórmate por se che afecta.