Sectores

Publicación da resolución de listas definitivas do decreto 37/2006 (29/12/20)


Hoxe fanse públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I da resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

As listas poderán consultarse:

  • No portal web corporativo da Xunta de Galicia:

http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp

  • No Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012
  • Nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia ((oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As ditas listas incluirán a seguinte información:

  • Solicitantes admitidos/as na lista, con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.
  • Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

PODES CONSULTAR O TEU ESTADO PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp

 Enlace á Resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201229/AnuncioG0597-221220-0003_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.